memoria histórica

Programa sobre memoria histórica  25 de outubro de 2011

 

 

 

 

 

 

 

escoita o podcast no seguinte enlace:

http://www.ivoox.com/a-vida-e-outra-cousa-25-outubro_md_859404_1.mp3″ Ir a descargar

RESUMO PROGRAMA SOBRE MEMORIA HISTÓRICA

“A VIDA É OUTRA COUSA” 25/10/2011

    • O programa tivo tres partes. Na primeira, unha serie de textos contaban a historia dos ceros, cifras que simbolizaban as persoas vivindo no réxime franquista. Cifras que estaban condicionadas pola relixión, polo autoritarismo, polo militarismo. Pero que, de súpeto, sufriron unha pequena transformación, a dos decimais. Estes decimais representan o imperfecto do réxime, a rebeldía que se manifestaba en loita armada (a guerrilla) contra a ditadura.

    • Na segunda parte, deuse lectura a un texto dun preso político galego, Perfecto Lorenzo Calviño, quen estivo máis de catorce anos en distintos cárceres de todo o estado, entre eles, a illa de San Simón e o penal de Burgos. En clave poética, Perfecto lembra todas aquelas sensacións que viviu nos seus anos de prisioneiro do réxime franquista.

– A terceira parte – logo do anuncio da próxima mobilización da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, que consistirá nunha marcha de Sada a Meirás, para esixir a devolución do pazo-, consistía nunha entrevista ao escritor Manolo Rivas, sobre as súas impresións sobre o movimento da recuperación da memoria histórica, tamén sobre as obras da súa autoría que tratan temas relacionados co tema do programa, así como as súas opinións sobre o mesmo.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s